Saturday 27 de April de 2024

Alternativa de Arteixo volve solicitar ao Goberno Municipal a limpeza da Ría de Barrañán


Alternativa dos Veciños de Arteixo volve solicitar ao Goberno Municipal a limpeza da Ría de Barrañán, xa que non existe impedimento algún ao contar co beneplácito da Demarcación de Costas.

No encontro que mantivo o pasado luns o coordinador de Alternativa de Arteixo co xefe da Demarcación de Costas en Galicia, un dos temas que se tratou foi o da limpeza da Ría de Barrañán e, onde o xefe da demarcación de Costas deixou claro que nunca se opuxeron á limpeza da ría e que están en disposición de colaborar co concello, pero que debe ser a administración local a que se poña en contacto con Costas e a que debe executar os traballos.

“O Goberno Municipal debe deixar de enganar a veciñanza de Arteixo e, debe realizar as xestións pertinentes para poder levar a cabo os traballos de limpeza da Ría de Barrañán, que se atopa totalmente invadida pola maleza. Dependendo do día, unhas veces o Goberno Municipal di que non lle pertence realizar a limpeza da ría, outras que non se pode limpar porque está protexida, e outras veces, que menos mal a eles que executan periodicamente traballos de limpeza na ría” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.